A Consellería de Cultura e Deporte, a través da Axencia Audiovisual Galega, vén de publicar no DOG a convocatoria de axudas para producións e coproducións audiovisuais en lingua galega con decidido contido artístico e cultural. O departamento que dirixe Ánxela Bugallo destinará 3,1 millóns de euros a axudas para longametraxes nas categorías de ficción, documentais e longas en soporte dixital.