Trátase dun documental colaborativo sobre a lingua galega e os falantes. Solicítase a colaboración dos internautas para que estes manden vídeos onde conten historias ou vivencias, propias ou alleas, sobre a lingua galega e a súa relación con ela.

The Linguists é un documental sobre a riqueza lingüística e as linguas en perigo de extinción no mundo. Foi gravado polos lingüistas David Harrison e Greg Anderson, que viaxaron a Siberia, a India, Arizona e os Andes co fin de retratar a realidade das linguas con poucos falantes.
Noam Chomsky, Paul Auster, Maria de Medeiros ou Sue Gardner son algunhas das personalidades que quixeron facer oír a súa voz en favor da diversidade lingüística do planeta. Con estas voces, Linguamón abre o documental Voces unidas, un valioso testemuño gráfico que ten como obxectivo sensibilizar a cidadanía sobre a importancia e o valor das linguas.
O xoves 2 de abril o programa televisivo Ben falado!, microespazo de cinco minutos diarios dedicados ao galego e presentado por Xesús Ferro Ruibal, estivo protagonizado polo Observatorio da Lingua Galega.
Cazador de palabras é un docushow divulgativo que ten como obxectivo transmitirlle ao espectador a emoción das palabras, o seu lado entretido e curioso e os aspectos máis divertidos da lingua.
A partir do traballo de planificación do IES Pedrouro, e partindo dunhas xa elevadas taxas de emprego do noso idioma, o concello desenvolveu, co apoio de todos os grupos políticos, o Modelo Burela de convivencia lingüística. Agora, un documental amósanos a realidade deste lugar onde, segundo explican os responsables do proxecto, "o problema é que case toda a xente en Burela fala galego pero apenas hai galego escrito".

Aquí pode atopar os vídeos que conteñen as intervencións realizadas na xornada de presentación do Observatorio da Lingua Galega o día 20 de xuño de 2008 en Santiago de Compostela.
- Intervención da secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López
- Presentación dos relatores
- Presentación do Observatorio da Lingua Galega I
- Presentación do Observatorio da Lingua Galega II
- Presentación da páxina web do Observatorio da Lingua Galega
- Presentación da aplicación estatística
- Galería de fotografías
Ben falado! é un microespazo de cinco minutos diarios dedicados á lingua galega presentado por Xesús Ferro Ruibal. Podes ver todos os programas, desde a súa estrea, na páxina web da CRTVG.
Documental dirixido por María Yañez e Mónica Ares que trata sobre a situación do galego entre a mocidade. Mostra testemuñas de mozos e mozas de diferentes localidades de Galicia que comentan as súas experiencias persoais coa lingua. Estreouse co gallo do Día das Letras Galegas de 2007 e agora xa se pode ver en YouTube.
En 2008 celebráronse os primeiros dez anos da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias. Aproveitando esta efeméride, esta pequena reportaxe aborda a realidade das linguas minoritarias de Europa, a través de idiomas como o galés e o bretón.