O PPdeG insta a conselleira de Educación a valorar a norma do galego da Universidade da Coruña

O recorte de carga lectiva que poden solicitar os profesores da Universidade da Coruña que cambien o idioma das súas clases e comecen a impartilas en galego ou inglés tivo xa as súas primeiras reaccións políticas. A voceira de educación do Grupo Popular no Hórreo, Manuela López Besteiro, reclama a comparecencia parlamentaria da conselleira Laura Sánchez Piñón para que explique «se a iniciativa partiu do seu departamento e llo transmitiu ás universidades ou, no caso de que sexa unha medida propia da institución académica coruñesa, que explique cal é a opinión da Xunta», demandou.
 
Fonte: La Voz de Galicia