A Mesa pola Normalización Lingüística vai presentar unha denuncia perante o Consello Xeral do Poder Xudicial contra o xuíz decano da Coruña, quen nun xuízo celebrado esta semana declarou: “No tengo ningún rubor en usar la ilegalidad del topónimo ‘La Coruña’”, facendo así “apoloxía da desobediencia da legalidade, especialmente grave ao se tratar dun maxistrado, quen non debería guiarse por ningún outro criterio na súa función pública que non fose o da plena aplicación da lei”.
Fonte: Xornal