A rebaixa dun 4,5 % da carga docente aos profesores da Universidade da Coruña que deixen de impartir as súas clases en castelán para dalas en galego ou inglés causou xa as primeiras reaccións entre os membros da comunidade académica. Un grupo de profesores do campus coruñés elaborou un manifesto no que transmiten ao reitor, José María Barja, "o seu desacordo" coa iniciativa e lle propoñen unha rectificación.
Fonte: La Voz de Galicia