O pleno municipal coruñés ten previsto aprobar o próximo luns un decreto da alcaldía en que se acorda desistir das accións xudiciais pendentes que reivindican o uso do topónimo da cidade na súa forma castelá. Deste xeito, pecharase unha polémica iniciada o 2 de xaneiro de 1992, cando a Mesa pola Normalización Lingüística interpuxo un recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia porque o Concello non recoñecía nin utilizaba como nome oficial a forma A Coruña.
Fonte: La Voz de Galicia