Senén Barro defende as medidas de apoio ao galego, aínda que non valora a que adoptou a Universidade da Coruña

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, non entrou a valorar a medida da institución académica coruñesa de recortarlles as horas de docencia aos profesores que se decidan a impartir as clases en galego ou en inglés. Ademais, asegurou que non prevé implantar iniciativas similares, «pero temos en marcha outro tipo de medidas que poden ser tan incentivadoras como esta», indicou.
 
Fonte: La Voz de Galicia