O reitor da Universidade de Oviedo comprométese a incluír o asturiano na oferta universitaria

A reitoría tratará de reconducir a crise aberta na Facultade de Filoloxía e garantir a presenza do asturiano nas ensinanzas universitarias. Vicente Gotor, que admitiu a dimisión da decana, Ana Cano e o seu equipo, comprometeuse a "negociar con todos os axentes implicados" unha solución sobre o ensino da lingua e literatura rexional.
 
Fonte: La Voz de Asturias