A Consellería de Educación valenciana reitera que Educación para a Cidadanía só se pode impartir en inglés

A secretaria autonómica de Educación, Concha Gómez, reiterou que a materia de Educación para a Cidadanía (EpC) "só se pode impartir en inglés na Comunidade". Esta mesma semana, medio centenar de centros anunciou que non o podería facer neste idioma pola falta de profesorado, mentres 4.000 pais esixiron que a materia se dese en castelán ou valenciano.
 
Fonte: Las Provincias