O responsable nacional da sección xuvenil da Mesa pola Normalización Lingüística, Fran Rei, alertou de que o galego "non chega ao 35 por cento" en número de mozos falantes habituais, e de que o número de mozos que só usa o castelán aumentou en dez anos case nun 10 %, o que converte o galego "nunha lingua residual" nesta franxa de idade.
Fonte: A Nosa Terra