O Rei presidiu por vez primeira unha reunión do Padroado da Fundación Comillas, impulsada polo Goberno de Cantabria para a creación dun centro de ensino do español de alta calidade no antigo Seminario Maior da localidade cántabra. Don Juan Carlos destacou a participación no proxecto de todas as Administracións públicas e da iniciativa privada arredor do español porque "contribuirá a promover a excelencia e a formación na lingua e as culturas hispánicas".
Fonte: El País