Un total de dezaoito estranxeiros aprende o galego na Universidade da Coruña

Un total de 18 estranxeiros iniciou un curso de verán sobre a lingua e a cultura de Galicia na Universidade da Coruña. Os autores de Que me queres, amor? ou Os vellos non deben namorarse, Manuel Rivas e Castelao, foron os alicientes, ademais da obra de Suso de Toro, para que unha moza estadounidense, "enganchada" á literatura galega, se apuntase ás 80 horas lectivas en menos de 20 xornadas desta segunda edición do curso de verán de galego destinado a universitarios doutras latitudes.

 
Fonte: El País