Carlos Bollaín Grandal quedou sorprendido cando a cadea Springfield lle enviou con motivo do seu aniversario unha tarxeta de felicitación en portugués. Segundo conta a Lavozdegalicia.es escribiulle á cadea para expresar o seu descontento por parecerlle unha «falta de respecto e unha ofensa para todos os galegos». Preguntáballes tamén se non coñecían cal era a lingua galega.
Fonte: La Voz de Galicia