IV Curso de verán Traballando en lingua: Novas tecnoloxías e dinamización lingüística. Carballo

Xa está aberto o prazo de preinscrición para a IV Curso de verán sobre dinamización lingüística que terá lugar os días 15, 16 e 17 de xullo en Carballo.O curso está organizado polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña coa colaboración da Deputación da Coruña, o Concello de Carballo, a Cooperativa Tagen Ata e a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL). O tema desta edición é o das novas tecnoloxías aplicadas á dinamización lingüística: os novos contextos da sociedade do coñecemento e do multilingüismo.
 
Fonte: Universidade da Coruña